Alumnos de Belas Artes dan a coñecer os seus traballos no web Espazo 23

O proxecto recolle entrevistas e galerías de novos creadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Alumnos de Belas Artes dan a coñecer os seus traballos no web Espazo 23

Un grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra acaba de presentar Espazo 23. Esta web, que quere servir como espazo de presentacións para os traballos de novos creadores do país, xorde da colaboración de Ana Pérez, Dana Troiteiro, Bea Gregores, Arze, Miriam Iglesias, Nerea Castro e Nuria Carbó. Nas súas primeiras semanas en funcionamento, Espazo 23 recolleu proxectos de diferentes alumnos e titulados como Alba Fandiño, Carlos Aldao, Mónica Bastón ou Carlos Aldao, así como entrevistas e outros contidos. Segundo os promotores da web, a intención é que o proxecto evolúa cara a contidos máis experimentais a contar coa colaboración de máis estudantes.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Bea Gregores, Facultade de Belas Artes de Pontevedra