Portela e Das Pastoras presentan en Francia o primeiro álbum da súa tetraloxía "Les Heresiarques".

Portela e Das Pastoras, premiére en Francia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Carlos Portela e Xulio Das Pastoras presentan en Francia o primeiro álbum da súa tetraloxía "Les Heresiarques", publicado por Humanoides Asociados.

Portada do tomo I de "Os Heresiarcas"
Portada do tomo I de "Os Heresiarcas"

A partir do sábado 26 de xaneiro os dous autores galegos comezan unha xira de promoción que os levará a Angouleme (o festival europeo de BD máis prestixioso) e a París dedicando exemplares e informando á prensa deste seu novo traballo. Estarán os tres días do certame na pequena localidade francesa e despois unha semana na cidade do Sena.



"Les Heresiarques" (Os Heresiarcas) é unha serie de fantasía do xénero de espada e bruxería escrita polo guionista Carlos Portela ("Gorka", "Impresiones de la Isla") que conta cuns espectaculares debuxos a cor de Xulio Das Pastoras ("Ustedes perdonen", "Kafre"). O apartado gráfico do ribeirán afincado en Barcelona ten reminiscencias de autores como Richard Corben e Moebius.



Portela cóntanos que xa comezaron a recibir as primeiras respostas á serie, e resultan moi positivas, especialmente as de profesionais que tiveron a ocasión de ver o álbume mesmo antes de ser publicado, como é o caso de François Boucq ("As Aventuras de Jérôme Moucherot").



Finalmente, o traballo no segundo tomo da serie vai moi avanzado, estando xa realizada unha cuarta parte do mesmo.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Das Pastoras, Francia, Carlos Portela, Xénero...

Claves

Conceptos