Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920) é o título da exposición que abre mañá, un de abril, o Museo de Pontevedra no marco dos actos do ano que se lle dedica ao rianxeiro. A mostra repasa, a través de obras orixinais, a "produción artística pictórica non destinada a ser complementaria doutros medios ou soportes, entre 1905 e 1920, é dicir, desde os inicios da súa actividade artística ata a realización do Álbum Nós que marca o inicio dos cambios de todo tipo" na obra do autor, segundo explica a presentación do proxecto. A inauguración coincide coa celebración do Día das Artes Galegas que se conmemorará cun acto académico que no que intervirá o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, que falará sobre o álbum Nós e de diferentes autoridades.
En paralelo, a Deputacion de Lugo daba a coñecer onte o seu programa para conmemorar este ano, no que obradoiros, teatro, audiovisual e conferencias pecorrerán diferentes comarcas da provincia. Que comerá o rei?, unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao a cargo Cándido Pazó, a obra Retrincos de Castelao, do actor lucense Fran Rei e da actriz Isabel Risco ou a representación de Os vellos non deben namorarse a cargo de Fantoches Baj, fan parte do programa. Ademais, os centros da rede museística acollerán diferentes actividades didácticas sobre o autor.