Pirilampo achega a Manuel María ás crianzas no seu novo disco

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o concerto de presentación este sábado 19

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pirilampo achega a Manuel María ás crianzas no seu novo disco

Teatro de guiñol é o título co que Pirilampo presenta, na colección Sonárbore de Galaxia, o seu segundo traballo. Once poemas tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá, de Manuel María, serven de base para unhas cancións pensadas para os máis novos da casa. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol son algúns dos textos que se adaptan neste proxecto, que sae á luz en formato libro-CD con ilustracións de Iván R. O proxecto mestura ritmos tradicionais con toques de rock e pop, e preséntase ao público cun concerto no Auditorio Municipal de Ourense este sábado, 19 Marzo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Pirilampo, Auditorio Municipal de Ourense, Teatro...