Oviravai súmase aos grupos galegos para crianzas

Presenta As andanzas de Paio este sábado 9 en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Oviravai súmase aos grupos galegos para crianzas

Un novo grupo incorpórase a xa longa lista de propostas musicais para os máis cativos da casa. Oviravai debuta na colección Sonárbore de Galaxia co libro-CD As andanzas de Paio. As peripecias dun teixugo aventureiro e dos seus amigos serven de base para dez temas nos que se mesturan diferentes estilos musicais. Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki son os membros da banda, autores dos temas e tamén responsables das ilustracións. O Auditorio Municipal de Ourense acolle o vindeiro sábado 9 o concerto de presentación deste proxecto.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OVIRAVAI, Verónica Santalices, Auditorio Municipal de Ourense, Editorial Galaxia