A RAG editará co Parlamento cinco antoloxías das Irmandades da Fala

Representantes das dúas institucións reuníronse onte en Compostela

8/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O encontro que mantiveron onte representantes da Real Academia Galega e mais do Parlamento de Galicia deu nunha nova colaboración entre as dúas entidades. Segundo anunciaban onte Miguel Santalices, presidente do Parlamento e mais Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, as dúas institucións editarán cinco antoloxías que recollerán textos das Irmandades da Fala, a coincidir coa celebración do ano dedicado a este movemento. A conmemoración do Ano das Irmandades foi unha iniciativa do Parlamento de Galicia.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irmandades da Fala, Parlamento de Galicia, Xesús Alonso Montero, Real Academia Galega...