A celebración hoxe 8 de marzo do DÃa da Muller, está motivar múltiples actividades culturais a reivindicar a presenza feminina en diferentes ámbitos. Neste ano, semella que o audiovisual está a adquirir unha especial importancia nas propostas que se fan desde a cultura. AsÃ, o Festival de Cans daba a coñecer onte o seu Decálogo para a visibilidade das mulleres, unha serie de medidas que o evento aplicará en todas as súas seccións e homenaxes e que fará chegar a outros festivais, colectivos e administracións. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o ciclo Cinema e muller, no que se proxectarán dezaseis curtametraxes dirixidas por mulleres galegas ademais do filme colaborativo Visións. Un concerto e varias charlas completan este programa que se distribúe entre Pontevedra e Vigo.
Outro ciclo de cinema, Olladas de mulleres no mundo é o que coordinan o Centro Galego de Artes da Imaxe e mais o Consello da Cultura Galega para conmemorar a data. A proxección de En todas as mans de Diana Toucedo abre esta tarde un programa que inclúe tamén traballos de Illa Bufarda e de Xisela Franco, ademais dun filme de Santiago Mitre e dunha homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman.
Alén do cinema, no Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura de Compostela, abrÃa onte as súas portas unha exposición dedicada á arquiveira Olga Gallego. A exposición, segundo explica o texto de presentación, é a primeira dunha serie que pretende "poñer en valor e dar a coñecer, a través de mostras documentais, a vida e a obra de mulleres que levaron a cabo un destacado labor en diferentes ámbitos profesionais".
A estas propostas súmanse outras que xa temos recollido como o congreso Xénero, museos, arte e educación que se está a desenvolver na Rede MuseÃstica de Lugo e o ciclo dedicado ás creadoras no Festival ALT que comeza o vindeiro 9 de marzo en Vigo.