Desde que chegou ás librerÃas a finais de 2002, o álbum "Freda" de Kike Benlloch e Alberto Vázquez leva recollido excelentes crÃticas nos medios especializados en BD e ampla cobertura na prensa en xeral. Agora, ademais, Alberto merece unha nominación aos Premios do Salón de Barcelona, na categorÃa de mellor autor novel.
¿Resultará o galego Alberto Vázquez o autor revelación de 2002 para o Salón Internacional do Cómic de Barcelona? Saberase a segunda semana de maio, dado que o festival transcorrerá do 8 ao 11 de tal mes. Mais o que xa se pode constatar é o éxito de crÃtica que “Freda” acadou.
A primeira publicación sobre cómic en se facer eco de “Freda” foi a revista mensual “Dolmen” (Palma de Mallorca), unha das de maior tiraxe e distribución en España. Na recensión, cualificábase a obra como “un álbum intenso, que desde o primeiro produce sensacións” subliñando a “narración maxistral” de Kike Benlloch e augurándolle un “futuro brillante” a Alberto Vázquez. A asturiana “Dentro de la Viñeta” comentaba que “este impresionante Freda é unha emotiva homenaxe a toda unha xeración” en referencia aos emigrantes da segunda metade do século XX, e púñaa como “brillante exemplo de historieta insurxente”. Pola súa banda, no magacine Nemo (Madrid) describÃan a novela como “unha obra sincera” que “transmite á perfección a natureza da emigración sen renunciar ao intimismo” e desexáronlle “toda a sorte que merece”. Outros medios especializados que dedicaron palabras de loanza inclúen a revista “Trama” (Bilbao) e o medio electrónico GuÃa del Cómic.
No tocante aos medios de comunicación masivos, a publicación de “Freda” recibiu cobertura en Galicia desde a radio ata a TV, asà como un amplo seguimento nos rotativos galegos (“La Voz de Galicia”, “La Opinión”, “Diario de Pontevedra”, “El Correo Gallego”, ...) e mesmo na revista dos abonados da compañÃa de telecomunicacións R.
A resposta entre os profesionais
Non só a prensa, os mesmos profesionais do medio valoraron de xeito moi positivo esta historia de amor ambientada na emigración galega. O editor Jesús Moreno (Sinsentido) fixo chegar os seus parabéns aos autores facéndolles saber que na súa opinión fixeran un album “excelente”. O guionista Felipe Hernández Cava, que o considerou “un dos mellores dos últimos tempos”, loou o labor de Kike na escritura do guión, indicando que o coruñés fixera un traballo que “cando se difuminen as modas e os gustos rabiosamente actuais, seguirá estando aà como unha referencia”.
Outra obra, outros galegos
A nominación para Alberto Vázquez culmina este recoñecido percorrido de “Freda”. Sen embargo, aÃnda que se nos remitimos aos seus catálogos, Ficomic (a organización do Salón de Barcelona) parece non ter constancia doutras obras do debuxante, hai que lembrar que en agosto de 2002, baixo o selo galego Polaqia, viu a luz o cómic “Alter ego”, da súa autorÃa.
Non é nada habitual que autores galegos merezan recoñecemento nos premios de Barcelona. O de maior eco, sen dúbida é Miguelanxo Prado, quen gañou o premio á mellor obra do ano dúas veces (en 1989 e en 1994). Por outra banda, hai agora unha década, a inconclusa serie “Impresiones de la Isla” (Camaleón Ediciones) valeulle aos seus autores tres nominacións. Tanto o debuxante Fernando Iglesias como o guionista Carlos Portela foron nominados como autor revelación individualmente, e o segundo entrou ademais na categorÃa dos mellores guionistas da temporada.
Os competidores
Alberto Vázquez compite na súa categorÃa con Andrés G. Leiva ("Tos"), Lorenzo Gómez ("Tos"), Miguel Brieva ("Dinero") e VÃctor Santos ("Los Reyes Elfos").