A Mesa homenaxea a Manuel María cun Libro-CD

Fran Amil corre coa música de A voz do vento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Mesa homenaxea a Manuel María cun Libro-CD

A se sumar ás celebracións do Día das Letras dedicado a Manuel María, A Mesa pola Normalización Lingüística presentaba onte A voz do ventro. Este libro-CD reúne poemas do autor chairego con versións musicadas por Fran Amil e a tribo incomprensíbel e mais ilustracións de Jano. O proxecto recolle once composicións dos poemarios Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas, e conta cunha banda composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás. Canda a eles, no disco colaboraron as voces de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Xurxo Souto, Xosé Antón Bocixa, Documental...