Nace a cronoloxía do Novo Cinema Galego

O proxecto recolle os principais fitos deste movemento

23/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A estrea en xaneiro de 2005 de Como foi o conto de Alberte Pagán na Sala Nasa de Santiago de Compostela márcase como punto de partida na Cronoloxía do Novo Cinema Galego. Esta publicación, que se daba a coñecer hoxe na páxina Novo Cinema Galego recolle datas de estreas, premios e presenza en festivais de filmes e creadores vencellados a esta corrente. Canda a isto, amosa fitos da política audiovisual do país, convocatorias e resolución de axudas e outros eventos coa intención de "poñer en contexto e relación as obras co tempo no que xurdiron". Un documento de grande interese para coñecer esta vizosa corrente do noso audiovisual ata os nosos días.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

23/03/2015

A fenda do proxector

A apertura de NUMAX pon sobre a mesa a viabilidade alternativas de exhibición cinematográfica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Alberte Pagán, NASA, Sala Nasa...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos