Novos lanzamentos reivindican a figura de Manuel María

Unha biografía e un libro-DVD súmanse ás propostas arredor do poeta chairego

A memoria que os seus amigos e coñecidos teñen sobre Manuel María serven de eixe aos dous proxectos que se acaban de presentar sobre o poeta chairego. Toxosoutos edita Manuel María. Reencontrado, un libro no que Xosé Lois García parte da súa vivencia persoal co autor homenaxeado no Día das Letras deste ano para abordar o escritor a través da súa relación coa Ribeira Sacra e a recuperación artigos previos e material sobre o mesmo. Pola súa banda Margarita Ledo acaba de presentar Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra, un libro DVD no que se recolle o documental de 2005 que realizou sobre o poeta. Editado pola produtora Nós, o volume recolle textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo que abordan desde diferentes perspectivas a figura do homenaxeado. No documental, a propia voz de Manuel María serve para integrar imaxes de diferentes épocas nun percorrido pola vida, a obra e as ideas do autor. O lanzamento preséntase ente xoves 25 no NUMAX, en Compostela.