Xosé Constenla fai unha Virada por avante

O cantautor compostelán estrea disco e xira

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xosé Constenla fai unha Virada por avante

A Casa das Crechas, en Santiago, acolle este venres 26 o concerto de presentación do novo disco de Xosé Constenla. O cantautor compostelán lanza Virada por avante, unha colección de once novas cancións nas que o artista asegura fai un xiro cara ao son folk-rock americano. O álbum, autoeditado baixo o selo Setestrelo, foi producido por Fredi Marugán e masterizado nos Staterooms Studios por Oscar Herrador. A xira continuará o 27 de febreiro por Ourense e o 12 de marzo cun grande recital no Salón Teatro de Compostela

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Rock, Teatro, Casa das Crechas...