Roger de Flor estrea Apelón en Ferrol

O Centro Cultural Torrente Ballester acolle a presentación este sábado 9

Cancións en galego, castelán italiano e inglés compoñen o novo traballo do cantautor fenés Roger de Flor. Apelón toma o seu nome da rúa de Mugardos onde viviu o músico e achega unha selección de temas propios combinados con adaptación de temas alleos. Así, De Flor transforma The Wind de Cat Stevens en A néboa, ou o Dirty Old Town de Ewan Mckoll en Ferrol Vello. O álbum autoeditado preséntase este sábado 9 de xaneiro no Centro Cultural Torrente Ballester, nun concerto que contará con colaboracións como as de Álvaro Lamas, Cabe García, Javier Polo, Sergio Galego ou Eugenia Sanmartín e no que se repasarán, canda aos temas desde álbum, clásicos do autor. A entrada custa seis euros e inclúe unha copia do disco. De Flor continuará a partir de febreiro a xira de presentación do traballo.