
O trÃo dá un xiro neste terceiro disco cara sons máis ruidosos e shoegaze, sen afastarse das súas teimas e estilos lÃricos, asà como do uso de bases rÃtmicas frenéticas. Dunha clara "actitude punk" dos primeiros discos baseada sobre todo nas letras e na voz, agora pásase a un son xeral tamén máis punk. As distorsións en instrumentos e voz, a potencia da guitarra, a produción ruidosa, son un cambio respecto a anteriores traballos que nos indican a curiosidade que manexa esta formación pola experimentación e pola súa procura dun estilo propio no que non faltan referencias que van desde Ramones ou Rezillos ata os máis achegados Triángulo de Amor Bizarro. Entre os once temas do disco non faltan as cancións que invitan ao baile e coreo dos contundentes retrousos como no mencionado 'Ontes fun moi malo', 'Vou pa Arzúa' ou 'Lonxe dos homes'. As bases electrónicas dos teclados manexados por Mariagrep seguen mantendo importancia, moi presentes en temas como 'Tempo queimado'. O álbum está dispoñible en vinilo (Ernie Records) sendo a súa capa unha foto da casa familiar do Nuño. Na posta en escena, que xa puidemos escoitar nun showcase a menor distorsión da voz axuda a seguir as letras sen perder a contundencia da proposta.