Xeografías do Deserto explora os límites entre música e poesía

Moncho Nuñez e Sito Suárez traballan sobre textos de Ramón Caride Ogando

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xeografías do Deserto explora os límites entre música e poesía

"Un produto da interfase, da interferencia entre creadores libres de distintos campos que son quen de ir ao límite das súas capacidades e mesmo alén das súas competencias". Así se presenta Xeografías do deserto o libro-CD que acaban de presentar os cantautores Moncho Nuñez e Sito Suárez e no que exploran a relación entre música e poesía sobre textos de Ramón Caride Ogando. O proxecto conta coa produción de Iago Lorenzo, e con fotografía de Sara Caride entre outras colaboracións. "XDD non é poesía musicada, nin música poetizada", advirten. O volume, que inclúe os textos orixinais de Caride, toma estes poemas como puntos de partida para desenvolver cancións envolventes de liña indie-rock. O proxecto prevé unha segunda entrega para o vindeiro ano, As Flores Salgadas na actualidade en pre-produción. O dúo ten fechadas presentacións o vindeiro 9 de abril en Betanzos, e o 6 de maio en Cambados.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A máquina do tempo

A máquina do tempo

Juan Carballo e Ramón Núñez mesturan música e poesía nun libro-disco

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ramón Caride Ogando, Ramón Caride, Ramón Caride...