A máquina do tempo

Juan Carballo e Ramón Núñez mesturan música e poesía nun libro-disco

10/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Capa de A máquina do tempo

Un libro de poemas. Un disco con cancións e recitados. Un espectáculo con diferentes formatos. O proxecto A máquina do tempo que teñen en marcha Juan Carballo e Ramón Núñez trascende xéneros e soportes e mestura poesía e música. O libro, con ilustracións de Nuria Díaz, recolle once textos dos dous autores. No disco, atopamos as versións musicadas dos mesmos, con colaboracións como as de Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha ou Sito Suárez. O disco está editado por Inquedanzas Sonoras.

O proxecto complétase cunha xira actualmente en marcha. Na mesma, os autores achegan en formato acústico, semiacústico ou mesmo acompañados dun trío, o intimismo das súas composicións.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Núñez, Poesía, Carballo, Guadi Galego...