O autor coruñés José Gimeno publicará coa editorial asturiana Dude Comics.

Un ollo en Profundo

9/5/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O autor coruñés José Gimeno publicará coa editorial asturiana Dude Comics despois de traballar en Francia, preparando proxectos de BD e publicando traballos en revistas italianas.

Profundo, portada
Profundo, portada

Xa dispomos das primeiras imaxes do álbum "Profundo", do coruñés José Gimeno que a editora asturiana Dude pretende comezar a distribuir ó longo do vindeiro mes de xuño. "Profundo" é unha historia que recupera os Mitos de Cthulhu de Lovecraft e os adapta a Galicia nunha historia de misterio e terror. O álbum editarase no formato Dude Gold, un tomo de corenta e oito páxinas en branco e negro. Gimeno está xa a rematar unha segunda parte desta serie que a editora agarda publicar este mesmo ano.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia

Claves

Lugares