O debuxante coruñés José Gimeno publicará unha miniserie titulada "Profundo", escrita e debuxada por él, na editorial asturiana Dude Comics.
A editorial asturiana Dude Comics anunciou no seu boletín de decembro a publicación da obra "Profundo" na súa colección Dude Gold, un volume en formato prestixio de corenta e oito páxinas en branco e negro. A razón pola que nos facemos eco aquí deste anuncio é porque o autor de "Profundo" é un galego, José Gimeno, que está a residir en Francia.
Este debuxante naceu en Montealto, A Coruña, en 1965 e durante os oitenta desenvolveu tarefas de ilustrador para editoriais coma Vía Láctea ou Xerais e colaborou con xornais coma "La Voz de Galicia" ou "El Ideal Gallego".
Entre 1989, logo de gañar o concurso "Zona84" e 1996 publicou varias historias ne revistas coma "Totem", "Cimoc" ou "Zona84". No 96 gañou o premio "Ciudad de dos hermanas" coa historia "Calipso y el hambre", que inclúe un texto de Álvaro Cunqueiro.
Entre o 97 e o 98 publicou diferentes ilustracións para a revista italiana "Skorpio" entre outras.
Actualmente está a completar o segundo volume de "Profundo", unha historia que une os mitos de Lovecraft coa Galicia máis tradicional e máxica.
Gimeno proxecta voltar à Coruña e instalarse de novo en Galicia a finais deste ano, polo que agardamos ter ocasión de coñecelo en persoa proximamente.
A data de saída para o primeiro volume é o vindeiro mes de xuño, segundo os responsables de Dude, estando previsto o segundo, se todo vai ven, para Viñetas desde o Atlántico.
Seguiremos pendentes deste proxecto e deste debuxante, ata o de agora practicamente descoñecido no país. Polo de agora, ofrecémosvos a ilustración de portada de "Profundo".

Ilustración de "Profundo"
Obra de José Gimeno