A Unión Europea acaba de aprobar a inclusión do Banco de Galicia, un macizo montañoso submarino situado fronte ás nosas costas, na Rede de Áreas Mariñas Protexidas. Esta declaración, que califica esta área como Lugar de Interese Comunitario e o integra na Rede Natura 2000, recoñece os valores ecolóxicos da zona, onde están rexistradas 86 especies de peixes, entre elas 12 de tiburóns, ademais dunha importante riqueza a nivel de aves e de cetáceos. É tamén o lugar onde descansa o pecio do petroleiro Prestige.
En paralelo, a asociación SEO Birdlife anunciaba a comezos deste mes a creación da súa primeira reserva ornitolóxica en Galicia. A organización custodiará unha área de 7.534 hectáreas no Grove, onde creará áreas de refuxio para aves, promoverá o aproveitamento turístico e o emprego público deste espazo con fins didácticos e desenvolverá accións de ciencia cidadá e voluntariado para favorecer a investigación e o seguimento de aves. O espazo xa contaba con recoñecementos europeos como a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves e de Zona de Especial Conservación.