O Concello de Pontevedra comunica quen son os gañadores do I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra.

Premios BD Banda-Concello de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Concello de Pontevedra vén de facer público o nome dos gañadores do I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra.

O xurado, formado por Kiko da Silva, Anxo Ramiro Paz, Xermán Hermida, Francisco Manuel Paradelo, Heitor Real Arregui e Miguelanxo Carvalho, emitiu o seu fallo en Pontevedra o pasado día seis de abril do 2002 e a entrega de premios realizarase coincidindo coa presentación do terceiro número da revista "BD Banda" o día 17 de maio. Os traballos editaranse nunha separata que acompañará o número tres desta publicación.



Os gañadores

1º Premio: Dotado con 600 euros para Alberto Vázquez Rico, A Coruña (1980), pola obra "Merlín e D. Xulio"
2º Premio: Dotado con 450 euros para Diego Blanco López, Viveiro, Lugo (1981), por unha obra sen título.
3º Premio: Dotado con 300 euros para Daniel Montero Coira, Catoira, Pontevedra (1977), "Historiotropia".



Pola sua banda acadaron accésits:
- Juan Luís Pérez, Vigo, Pontevedra, pola obra "Cebo".
- Jorge Juan Costas Mira, Pontevedra, por "S.O.S".
- José Manuel Mouriño Lorenzo, O Carballiño, Ourense, pola BD "Cámara"

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, BD Banda, Diego Blanco, Alberto Vázquez...