Un duplo CD marca o álbum número doce da carreira de MarÃa do Ceo. De Portugal a Galicia fado achega nun dos seus discos unha selección de clásicos da música portuguesa, mentres o segundo se dedica integramente a coñecidos temas desta banda da raia como Negra Sombra, Quen poidera namorala ou Lela entre outros. Gravado no estudio Edisco da Estrada, a cantante conta con colaboracións musicais como as de José Manuel Neto, Miguel Gonçalves, Filipe Pereira, Ricardo Morente ou Hector MartÃnez. O álbum preséntase en formato libro-disco a incluÃr as letras das cancións e unha introdución de Xesús Alonso Montero. O proxecto está autoeditado, e foi financiado mediante crowdfunding. A presentación oficial será o vindeiro 22 de xaneiro no compostelan Hotel Araguaney.