Novas luces sobre Rosalía e Filgueira

A Casa de Rosalía abre arquivo e Filgueira protagoniza unha nova publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A pasada semana a Casa-Museo de Rosalía de Castro abría as portas do seu arquivo. Un investimento de 4.000 euros achegado pola Consellaría de Cultura permitiu organizar e informatizar este espazo, que agora fica aberto ao acceso de investigadores. Entre outros fondos, o arquivo alberga fotografías da autora e da súa familia, así como unha importancia colección epistolar dos membros do padroado desta entidade ou documentación vencellada á mesma. En paralelo, o Centro Ramón Piñeiro presentaba o número 34 dos seus Cadernos, no que rescata unha escolma de textos xornalísticos e literario de Filgueira Valverde.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Casa de Rosalía, Rosalía de Castro, Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro...