Quiosco: Criaturas número 2

A revista especializada en literatura infantil e xuvenil volta polo Nadal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Criaturas número 2

Cunha capa de Pedro Díaz Lorenzo esta Nadal viu a luz a segunda entrega da revista dixital Critauras. A publicación especializada en literatura infantil e xuvenil achega unha serie de felicitacións nadaliñas da man de diferentes ilustradores e ilustradoras do país e unha colectánea de relatos para a ocasión. Ademais, textos críticos de Fina Casalderrey, Pepe e Berta Cáccamo, Jan Pienkowski, Antonio garcía Teijeiro e Xosé Cobas combínanse cunha conversa entre Antonio Manuel Fraga e Miguel Mosqueira e un monográfico sobre libros arredor do Nadal. No número pódese atopar tamén unha reportaxe sobre a experiencia Espazo Lectura e un artigo sobre as criaturas bondadosas do noso Nadal asinado por Antonio Reigosa. O volume está dispoñible na rede de xeito íntegro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Criaturas 0

Quiosco: Criaturas 0

A revista dixital de literatura infantil e xuvenil comeza a súa andaina

Quiosco: Atenea 43

Quiosco: Atenea 43

A publicación achega unha colección de 18 microrrelatos de Nadal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Literatura, Miguel Mosqueira, Antonio García Teijeiro...