Poesía, relatos curtos e narrativa: últimas presentacións de libros do ano

Presentacións sen fin

A fin do ano, do milenio, do século e do mes ven cargada de presentación de libros. En primeiro lugar Xerais compila 25 relatos de narradores galegas formando "Narradoras", un volumes de relatos. En segundo lugar Gómez Alfaro presenta o libro co que gañou o premio Rosalía de Castro, mentres que Álvaro Otero rende culto ó mar con Días de Auga.


Abismos



Son 25 mulleres. Teñen en común o feito de seren novas, mulleres, de estar relacionadas cos medios de comunicación e da literatura e de conformar a primeira antoloxía que recolle a situación da nosa narrativa "Narradoras". Un volume que se presenta na colección "Abismos", na que tamén publican "Dubido se matei a Lena" de Medos Romero e "Tute para catro" de Xesús Fraga. Este volume, que recolle aportacións de María García Yañez,














Días de Auga


O xornalismo e o mar son os protagonistas de "Días de Auga", o libro que acaba de publicar o xornalista Álvaro Otero. Un libro no que un fotoxornalista chega a unha vila que ofrece sacrificios humanos ó deus Lear, figura na que se encarnou o mar. Con esta novela Otero, que foi director de Diario 16, gañou o primeiro premio da III edición do Premio Nostromo, dotado con un millón de pesetas.


Pasos cara ó alba



"Pasos cara ó alba" é o título do novo libro de poesía do poeta ourensá Xosé Carlos. Unha publicación coa que vén de gañar o décimo premio "Rosalía de Castro". Un premio convocado pola Casa de Galicia en Córdoba e que permite a publicación do poemario presentado. Un volume que presenta un ton elexíaco, metáfora da liberdade, da felicidade e do nirvana.