Brais Morán explora a súa transición persoal en Cruzando o eclipse

O músico coruñés presenta o seu debut en solitario na sala Garufa o día 11

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Brais Morán explora a súa transición persoal en Cruzando o eclipse

Logo da súa experiencia en Loretta Martin, Brais Morán asenta a súa carreira e lanza seu primeiro disco como solista. Cruzando o eclipse achega trece temas nos que o músico coruñés mantén o seu vencello cun rock de guitarras con aromas dos setenta e toques funk. Segundo explica Morán, o proxecto reflicte un momento vital "onde cae a miña mocidade transformándose noutra idade chea de enerxía que continúa a crecer". Gravado integramente en galego nos estudios Abrigueiro logo dunha campaña de crowdfunding, o álbum conta con Manu Seoane na guitarra eléctrica, Miguel Queixas á batería e Denís Morán no baixo, así como cunha colaboración de Fran Pérez Narf.

A sala Garufa, na Coruña, acolle o vindeiro 11 de novembro o concerto de presentación do novo traballo, do que xa se pode ouvir libremente o single Destino no Bandcamp do artista.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brais Morán, Rock, Narf, A Coruña

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares