Marcos Nine gaña o Festival de Estetino con A viaxe de Leslie

O filme estréase nas salas comerciais galegas o 20 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O filme A viaxe de Leslie, dirixido por Marcos Nine e producido pola galega Portocabo, recibía esta fin de semana o premio ao mellor filme no Festival de Cinema Europeo de Estetino, en Polonia. O xurado do certame valorou o xogo entre ficción e realidade que se dá no proxecto, que seleccionou entre as 900 producións que se presentaron ao festival. Nine emprega imaxes de arquivo para explorar as diferentes hipóteses a desaparición do actor Leslie Howard logo de ser atacado o seu avión por cazas alemáns sobre o Cantábrico en 1943. Para o vindeiro día 20 está previsto que o filme chegue ás salas comerciais galegas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Nine, Cine, Portocabo, Polonia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares