AMAL achega o cinema árabe a Compostela esta semana

O Teatro Principal acolle as dez proxeccións do programa deste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
AMAL achega o cinema árabe a Compostela esta semana

Desde hoxe e ata o vindeiro 31 de outubro, o Festival de Cinema Euroárabe AMAL achega á pantalla do Teatro Principal de Compostela unha selección do cinema árabe máis recente. Logo de trece anos de actividade, o encontro amosa nesta ocasión dez filmes, entre os que se atopan algúns como o documental Colonos e Pombas, dos galegos Marga Pazos e Alfonso Caneiro sobre a vida duns nenos en Palestina. A traxicomedia Ghadi, Theeb, Azucre aparte, Giraffada, Os cabalos de Deus ou Atlántic, Villa Touma e Syria Self-Portrait son os outros títulos que fan parte do programa. Ademais, unha sesión especial proxectará o clásico Lawrence de Arabia como parte dunha homenaxe ao recentemente falecido actor Omar Shariff. A recadación da billeteira do festival destinarase aos refuxiados sirios en Compostela.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Teatro, Documental...