Talía presenta no Teatro Principal a súa versión de "Os soños dun seductor"

Woody Allen por Talía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O grupo de Cee, Talía teatro, presenta esta noite "Soños dun seductor" a obra que Woddy Allen escribiu no 68 e que fracasou nos escenarios, "Play It Again, Sam". A peza orixinal escrita polo cineasta rende unha homenaxe a Bogart e foi adaptada por Artur Trillo.

Talía Teatro
Talía presenta esta noite unha peza teatral que abandoa a súa traxectoria de contidos comprometidos político-social. Unha obra versionada por Artur Trillo e codirixida con Marta Cambeiro.
A peza xa foi presentada na Feira do Teatro de Galicia e nas festas de Cee con boa acollida de público.


Adaptación

Unha das características principais da obra que se presenta hoxe no Principal é a adaptación fiel da obra e do espírito de "Os soños dun seductor". A posta en escena da obra xoga cun desdobramento da do personaxe protagodnistas empregadno luces e sons. O resultad: un texto lixeiro, desenfadado con moito humor e moi dinámico.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artur Trillo, Talía Teatro, Cee...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares