O Womex voltará a Compostela en 2016

A capital galega foi seleccionada pola organización entre unha ducia de cidades

19/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo do éxito que supuxo a súa edición de 2014, a organización do Womex, a principal feira internacional de músicas do mundo, aposta de novo por Compostela. A capital galega acollerá entre o 19 ao 23 de outubro de 2016 unha nova xeira deste encontro, que inclirá actuacións na Cidade da Cultura e mais no casco histórico compostelán entre moitas outras actividades. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e mais o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, anunciaban esta mañá a elección, para a que a capital galega tivo que competir cunha ducia de localidades de maior tamaño. A presentación oficial do vineiro Womex realizarase este mesmo venres en Budapest, cidade na que se está a celebrar a edición deste ano.

Para o encontro, que se estima ten un retorno económico de 2,5 millóns de euros para Galicia, cóntase coa presenza de delegados de noventa países, e no programa inclúense ciclos de cinema, conferencias, concertos de presentación ou actividades formativas.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Feira, Cine, Cidade da Cultura de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos