Xabier Díaz e Aduferias e mais Narf actuarán no Womex 2016

Foron escolleitos para o escenario Atlantic Connections

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xabier Díaz e Aduferias e mais Narf actuarán no Womex 2016

A organización do Womex, que se celebrará este outono en Santiago de Compostela anunciou esta mañá os grupos galegos que participarán na feira internacional de músicas do mundo. Así, o escenario Atlantic Connections, que inclúe propostas da Península Ibérica e América Latina, contará coa presenza de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e mais de Narf en colaboración cos mozambicanos Timbila Muzimba. Estes súmanse así a Radio Cos, anunciado anterioremente como único grupo do noso país que fai parte da selección oficial canda a outra trintena de formacións de todo o mundo. O encontro, que se desenvolverá na Cidade da Cultura entre o 19 e o 23 de outubro, achegará a diferentes espazos da cidade vella de Compostela preto de 60 concertos en pequeno formato, así como unha programación de cinema aberta ao público.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabier Díaz, Narf, Feira, Cine...