Bestiaire Assembly trae á Coruña os sons máis extremos

Electrónica, metal, industrial ou ambient fan parte do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os vindeiros 16 e 17 de outubro A Coruña acollerá os son máis extremos. A discográfica Bestiaire achega á cidade o seu festival Bestiarie Assembly con seis bandas, entre as que se atopan tres galegas. Black metal, ambient, música industrial, drone ou experimental danse cita na Sala Le Club da man de Atrabilis (Valladolid), Tzesne_Paralux (Guipúzcoa) e a galego-catalá Esquelas ás que se suman os proxectos coruñeses Umbrage, Piwi Bizarre Tech e Walk Back Pilgrim. Este é o primeiro festival que organiza a discográfica Bestiaire, que procura darlle saída a sons que non teñen moito eco comercial.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valladolid, A Coruña

Claves