Actuacións de LucÃa Aldao, Catuxa Salom, ParaÃso Canto, obradoiros e itinerarios sonoros. Estas son as propostas que fai o Museo do Pobo Galego para os vindeiros 30 de setembro e 1 de outubro no marco da segunda edición do festival Soa Bonaval. A cita "pretende rachar xéneros e etiquetas, en busca de músicas que van desde o electrónico ao folk, pasando polo pop, o rock ou o ambient, traballadas sobre sons clásicos e de raÃz, e concibidas desde o local e a cultura propias".
O obradoiro "Da foliada ao rave", a cargo de Nacho Muñoz abre o programa na tarde do dÃa 30. A experiencia formativa rematará cunha festa no propio Museo do Pobo cos materiais creados na mesma. Para sábado unha conversa-concerto coa poeta e artista coruñesa LucÃa Aldao dará a coñecer os pormenores do seu traballo creativo para interpretar despois os temas de Pava, o seu primeiro proxecto musical en solitario.
A mestura de folclore galego con ritmos tribais de Catuxa Salom protagonizará a sesión vermú da xornada, mentres ParaÃso Canto, proxecto de Martiño Malleiro e Gabi Reboredo, fechará o ciclo de concertos coa súa mestura de tradición oral galega con musicalidades ibéricas, lusófonas e doutras culturas do mundo.
Canda a estas propostas, o Museo desenvolverá o itinerario sonoro Son(Em)peza permite redescubrir a colección e os arquivos do Museo, escoitando pezas do patrimonio inmaterial vencelladas a diferentes obxectos.