O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Universidade de Vigo, presentaba onte Novos cinemas, un novo festival audiovisual que se concentra en talentos emerxentes. A iniciativa, conta co produtor cinematográfico Daniel Froiz, o cineasta Ángel Santos, e o programador Suso Novás na organización, e pretende "dar visibilidade aos novos creadores e difundir o seu talento, prestando especial atención á vangarda cinematográfica a nivel internacional".
Como presentación, e de xeito previo á primeira xeira do evento, entre os vindeiros 11 e 13 de decembro desenvolverase Edición 0, un ciclo non competitivo no que se poderán ver tres longametraxes de realizadores novéis, outro dun creador recoñecido que ademais impartirá un seminario, e un último dun cineasta galego. Este último será ademais responsable dun obradorio de realización que comezará en xaneiro do 2016 e cuxo resultado poderá verse na primeira edición do festival.