O filme Lobos sucios participará no Festival de Mill Valley

Iria López e Celso Bugallo representan o noso audiovisual en Londres

17/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O filme de Simón Casal producido por Agallas Films, Lobos sucios, fará a súa estrea mundial do Festival estadounidense de Mill Valley, en San Francisco. A produción, ambientada na febre do wolframio en Galicia durante a II Guerra Mundial, proxectarase o vindeiro 10 de outubro na sección World Cinema do que se considera un dos máis importantes eventos deste tipo en Estados Unidos. En paralelo, o audiovisual galego tivo tamén presenza no certame Cortometrajes, 7 Short films que se celebrou onte en Londres da man de Brit Es Magazine e do colectivo Shorts on Tap, achegou un total de sete producións, entre as cales estaba o proxecto Jamón un filme animado de Iria López. Ademais, o galego Celso Bugallo protagoniza outra produción, El grifo, de Denis Rovira.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Londres, Cine, Guerra, II Guerra Mundial...