Polémica pola destrución dunha mámoa no Carballiño

O conxunto inventariado foi substituído por un merendeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O grupo Ecoloxista Outeiro, do Carballiño denunciou ante a fiscalía a destrución dos restos dunha mámoa en Ardesende, San Cristovo de Cea. Tal e como figura na documentación achegada por este colectivo, o lugar que ocupaba o monumento foi substituído por unha planchada de formigón sobre o que se situaron unha mesa e varios bancos. As pedras que se conservavan da cámara funeraria figuraban no catálogo de patrimonio da Xunta de Galicia, e polo momento non se coñece quen é responsable da obra que as destruíu.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballiño, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Lugares