Todo listo para o II Día das Galegas nas Letras

O Parque dos Gafos, en Pontevedra, acolle mañá a homenaxe a María Victoria Moreno

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Todo listo para o II Día das Galegas nas Letras

María Victoria Moreno protagoniza mañá, 15 de agosto, o II Día das Galegas nas Letras, que se celebra en Pontevedra. O Parque dos Gafos, por onde era habitual que pasease a escritora e profesora acollerá os actos que a plataforma A Sega organiza para lembrar o traballo desta activista cultural. Un percurso colectivo, un xantar popular, a lectura de textos de homenaxe e unha exposición das obras de Moreno compoñen o groso do programa desta xeira. Carmen Penim, Laura Cuba. Cristina F., As Boubas ou Habelas Hainas son algunhas das participantes no evento. Haberá ademais un micro aberto para facer lecturas de fragmentos dos traballos da autora.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Pontevedra, SEGA, Cuba

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares