Convocan a XIV edición do premio Ramón Piñeiro "Facer País"

O prazo de envío de candidaturas está aberto ata o 1 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Asociación Cultural Val do Láncara leva catorce anos convocando o Premio Ramón Piñeiro "Facer país", en homenaxe á figura do intelectual, nacido nese concello lugués. Esta volta, este ano xa abriron o prazo para que asociacións de toda Galicia poidan propoñer candidatos a este premio que xa gañaron figuras como Díaz Pardo, Neira Vilas ou Luz Pozo. Pódense enviar ata o 1 de setembro a arroxo@edu.xunta.es. Desta volta, instalarase un monolito de pedra en Carracedo cos nomes de todos os premiados ata o momento (Díaz Pardo ou Avelino Pousa AnWtela, entre outros.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Asociacións, Luz Pozo Garza

Claves

Conceptos