Os Melidaos asinan Festa na Codeseira

É o terceiro traballo do grupo de música tradicional

15/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dezasete pezas de corte tradicional, das cales 15 foron compostas por Antonio Raposo, conforman o novo traballo de Os Melidaos. O grupo presenta Festa na Codeseira cunha forte aposta pola voz, ao incluír nove temas cantados. Ritmos como pasodobres, muiñeiras, valses, marchas de procesión, foliadas, pasacorredoiras e alalás están presentes no álbum, en moitos casos con material recuperado de arquivos dos Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou recollidas polos propios membros do grupo. Os Melidaos están a desenvolver ao longo do verán a xira de presentación deste traballo. Entre outras citas, confirman concertos en Santo Estevo de Ribas de Sil (17 de xullo) e as festas de Santa Ana de Mera o día 25.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil

Claves

Lugares