Nace un programa para adaptar obras literarias galegas ao audiovisual

A AGADIC presentaba onte Firma e Filme

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Nace un programa para adaptar obras literarias galegas ao audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) daba a coñecer onte o programa Firma e Filme. Este proxecto busca promover adaptacións cinematográficas de obras literarias galegas. Como primeiro paso do novo programa, está a se realizar unha recollida de datos tanto da oferta editorial existente "como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras". Para isto, todas as entidades interesadas en participar teñen ata o 18 de xuño para enviar fichas normalizadas cos seus intereses (as produtoras) e cos títulos con posibilidades de adaptación (as editoras).

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), AGE, Asociación Galega de Editores...