Diversas actividades conmemoran o Día dos Arquivos

Preséntase a Fundación Olga Gallego, dedicada a promover estas entidades

9/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadepatrimonio
17 lecturas | Compartido 0 veces

Xornadas de portas abertas, exposicións, conferencias e outras propostas conmemoran por toda Galicia do Día Internacional dos Arquivos, que se celebra hoxe. Entre as actividades destacadas está a exposición Memorias de familia: O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia que se pode ver neste espazo da Cidade da Cultura. Por outra banda, a coincidir coa celebración, o Arquivo do Reino de Galicia realizou unha edición das fontes orixinais da causa contra Manuel Blanco Romasanta, coñecido como O Lobishome de Allariz.
Tamén a conmemorar a data presentábase onte na Coruña a Fundación Olga Gallego. A entidade, que recolle o legado desta académica, arquiveira e historiadora, convoca un premio de investigación sobre arquivos dotado con 2.000 euros e convoca para o vindeiro mes de outubro unhas primeiras xornadas dedicadas a esta entidades.

Universo culturagalega.gal

09/06/2014

Dosier: Arquivos

Actividades especiais conmemoran o Día Internacional dos Arquivos por todo o país