A produtora Vaca Films obtén a Medalla Castelao polo seu traballo

O comunicador Pepe Domingo Castaño e a futbolista Verónica Boquete tamén foron galardoados

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Consello da Xunta anunciou onte as persoas e entidades que recibirán este ano as Medallas Castelao deste ano. Estes galardóns, que se outorgan a "aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana", recoñeceron a produtora coruñesa Vaca Films polo seu traballo con películas como Cela 211 ou El Niño e a súa expansión a nivel estatal e internacional. Canda a esta firma foron galardoados co comunicador Pepe Domingo Castaño, a futbolista Verónica Boquete , o catedrático de Dereito Industrial Carlos Fernández-Nóvoa e mais a Rede Galega contra a Trata, a recoñecer o seu traballo contra a explotación sexual.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Vaca Films, Medalla Castelao, Carlos Fernández...