O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de concesión das Medallas Castelao deste ano. As condecoracións, que se conceden a aqueles galegos e galegas cuxa obra en calquera faceta da actividade humana se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia, entregaranse o vindeiro 28 de xuño. O corpo de Carteiros Rurais de Galicia-Correos será distinguido nesta ocasión cun destes galardóns facendo homenaxe a unha das profesións máis tradicionais e que co seu traballo "contribúen á cohesión social e territorial de Galicia", segundo o comunicado do Consello da Xunta. O colectivo está formado por 1.007 empregados que chegan dÃa a dÃa as vivendas de todos os lugares, aldeas, parroquias e municipios rurais da Comunidade, percorrendo máis de 68.400 quilómetros por xornada, axudando a dinamizar o rural galego. Catro persoas distinguidas recollerán tamén outras tantas medallas este ano.
A arquitecta arousá Isabel Aguirre de Úrcola recibirá unha das Medallas Castelao en recoñecemento ao seu traballo. Aguirre é profesora da Universidade da Coruña, dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega desde a súa creación en 2008, Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxÃstica do contorno do mosteiro de Caaveiro. e asinou numerosas obras de rehabilitación paisaxÃstica en parques de Compostela, Pontevedra ou Lisboa. O goberno tamén decidiu distinguir co galardón á Catedrática de Biofarmacia e TecnoloxÃa Farmacéutica, MarÃa José Alonso. A investigadora conta con máis de 235 contribucións cientÃficas e con máis de 11.600 citas. E é artÃfice de 19 familias de patentes. Ademais de ocupar postos de responsabilidade en varias sociedades cientÃficas, forma parte doutras tres academias cientÃficas: Academia Nacional de Medicina de EEUU; Academia de Farmacia de Galicia, Real Academia de Ciencias de Galicia e Real Academia Nacional de Farmacia.
O empresario do sector téxtil Jesús DomÃnguez Fernández (Pobra de Trives) recibirá tamén o recoñecemento honorÃfico da Medalla Castelao por decisión da Xunta de Galicia como emprendedor e fundador da empresa familiar Sociedade Téxtil Lonia. O crego Xesús Mato Mato pecha a lista de distinguidos coa Medalla Castelao en 2018. O sacerdote, nado en Paradela, fundou a Polifónica de LalÃn e Radio Popular de LalÃn. Creador e primeiro coordinador de Auxilia Lugo, unha asociación que traballa a prol da integración social e cultural das persoas con discapacidade. Mato foi tamén cofundador do grupo folk Fuxan os Ventos. Foille recoñecido o seu traballo e servizo aos demais con premios como: Lucense do ano (1991), Premio Moncho Valcarce (1998) ou o Premio de Cultura Tradicional MarÃa Castaña.