A escritora Ledicia Costas (Vigo, 1979) e o emblemático grupo de rock vigués Siniestro total foron galardoados coas Medallas Castelao 2023, segundo anunciou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta celebrado esta mañá. Costas e Siniestro recibirán o premio canda a deportista Susan Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado e o oncólogo Rafael López. As medallas Castelao son un recoñecemento honorífico da Xunta de Galicia que homenaxea aquelas persoas ou institucións que, dentro ou fóra de Galicia, desenvolveran unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga mereceder desta distinción.
Ledicia Costas e Siniestro Total entre os galardoados coa Medalla Castelao 2023
A Xunta aprobou a lista de galardoados no Consello de hoxe
38 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares
