Accións sociais tentan salvar unha casa deseñada por Fernando Blanco

Unha sentenza xudicial obriga a derrubar a construción situada en Reza, Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Accións sociais tentan salvar unha casa deseñada por Fernando Blanco

Unha petición en Change.org con máis de 2.000 sinaturas, manifestacións e outras actividades están a se desenvolver nos últimos días para tentar salvar a vivenda unifamiliar de Rosa Alonso en Reza, Ourense. Unha sentenza xudicial obriga a derrubar este edificio por supostas irregularidades urbanísticas. En resposta a esta situación, diferentes colectivos e individuos están a se mobilizar a resaltar o valor arquitectonico da obra, deseñada por Fernando Blanco Guerra e construída en 1995. Os defensores do predio, entre os que se inclúen nomes da cultura como Mani Moretón, Buciños, Baldomero Moreiras, Acisclo Manzano, Santiago Lamas ou Manuel Moldes desenvolveron no lugar unha exposición dos seus traballos como un xeito de tentar parar a demolición, prevista para o xoves 4 de xuño.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Santiago Lamas, Manuel Moldes, Acisclo Manzano...

Claves

Conceptos
Lugares