Visitantes da Lúa

As primeiras obras de ciencia ficción escritas en Galicia imaxinaron viaxes á Lúa

22/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións:
25 lecturas | Compartido 0 veces

Foi Murguía quen chamou Precursores a aqueles escritores e escritoras que fixeron unha aposta pola lingua galega xa no século XIX, pero hoxe nós queremos homenaxear dous precursores dun xénero que, sen dúbida, marcou o século XX: a ciencia ficción, moi escaso na lingua galega. Dúas xoias para que lle botes un ollo a fin de semana.

Campaña da Caprecórneca. O galego emigrado en cuba Luís Otero Pimentel publicou este estrañísimo relato dunha viaxe á Lúa na revista Follas Novas da Habana. A edición que podes descargar hoxe aquí procede da súa edición completa como libro en 1898 e está dixitalizada na Real Academia Galega, quen nos permitiu a súa redistribución en formato PDF para facilitar a súa lectura. É un libro de dubidoso valor literario pero cun imaxinario desbordante.

Podes consultalo na RAG páxina a páxina ou baixala enteira aquí.

Viaje a Marte. O pintor compostelán Modesto Brocos publicou en 1930 esta estraña novela. O protagonista viaxa a Marte da man do Padre Feijóo (!!!) para coñecer o modelo de vida que seguen os marcianos, que non é outro que unha utopía socialista: só hai un goberno, unha lingua e unha raza e o exército (falamos de 1930) ten un papel humanitario.

Podes consultar o libro enteiro na Biblioteca Digital Hispánica ou baixalo aquí.


Tralas trazas do imaxinario

Ver serie completa
20/05/2015

Un lugar chamado presente

Exploramos o imaxinario da literatura galega dos últimos dez anos

18/05/2015

Xenealoxía do fantástico

Falamos coa profesora Dolores Vilavedra sobre a presenza da fantasía na literatura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Lingua galega, Escritores, Xénero...