Un lugar chamado presente

Exploramos o imaxinario da literatura galega dos últimos dez anos

Exploramos o imaxinario da literatura galega dos últimos dez anos
Contra moitos dos tópicos que acusan dun exceso de presenza da Guerra Civil ou da posguerra, a literatura galega dos últimos dez anos a penas se ambienta no pasado e está solidamente anclada no presente. A ciencia ficción tampouco parece interesar aos escritores. Homes e mulleres son protagonistas case por igual, e a fantasía albíscase como un xénero importante por detrás do drama. Iso si, a literatura galega gosta de cidades e localizacións máis ou menos imaxinarias e atemporais. Así o comprobamos ao analizar a base de datos de lg3, o noso soportal de literatura.

Trátase unicamente dunha prospectiva xornalística destinada a botar unha primeira ollada sobre como está constituído o músculo do imaxinario da escrita galega contemporánea. A partir da base de datos de publicacións de lg3, en activo desde o ano 2002, accedemos a un corpus non total, pero representativo e constante, da edición literaria en lingua galega de máis de 3.000 títulos. Deste corpus xeneramos unha mostra estatística abranguible para as dimensións dunha reportaxe e obtivemos unha mostra que deu sinais, durante a análise, da súa coherencia. Iso si, non fixemos distingos entre literatura infantil, xuvenil e de adultos, debido ás súas fronteiras, cada vez máis porosas.

Os resultados contrastan con algúns tópicos da cultura galega e afianzan outros. Xulguen por vostedes mesmos.