
MadMartin Trio son unha banda de rock con influencias do rockabilly e swing. Na actualidade os seus compoñentes, Guillermo González, Manuel Brey e MartÃn Esturao, están inmersos nun tour de presentación do seu último traballo discográfico. Acaban de gañar a final do concurso Azkena Rock Party entre máis de 1200 bandas inscritas de toda España o que lles permitirá tocar na presente edición do festival que se celebrará en Vitoria o 19 e 20 de xuño.
Este grupo traslada aos escenarios o espÃrito dos anos 50 con composicións simples e moita enerxÃa, como xa amosaron no anterior traballo It was a very good year.