As salas galegas apoian o Día sen Música contra o IVE cultural

A Asociación Galega de Orquestras maniféstase hoxe en Compostela pola precarización do sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Clubtura, a asociación que reúne as salas de música ao vivo no noso país, anunciou o seu apoio ao o Día sen Música. Esta celebración reclama a nivel estatal unha redución do IVE que se aplica ás actividades culturais, actualmente do 21%. Deste xeito, os 40 espazos integrados neste colectivo non programarán concertos hoxe. Pola súa banda, desde a Asociación Galega de Orquestras convocouse unha manifestación para esta tarde en Compostela polo mesmo motivo. Este colectivo reclama, segundo anuncia na súa convocatoria, "unha regularización do sector e do noso réxime especial de artistas, pasando por establecer un sistema de tributación viable para os nosos negocios", e denuncia unha "persecución" da Axencia Tributaria.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IVE, Asociación Galega de Orquestras, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos