Compostela acolle os encontros divulgativos Pint of Science

O proxecto busca achegar os avances científicos ao público xeral

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Compostela acolle os encontros divulgativos Pint of Science

Desde hoxe e ata o vindeiro mércores 20 A Nave de Vidán en Compostela acolle a primeira edición galega do evento Pint of Science. Esta iniciativa, nada no Reino Unido en 2013, pretende achegar os últimos avances científicos ao público xeral. Para isto, investigadores de importancia achéganse a bares para falar sobre o seu traballo e sobre o estado dos ámbitos que investigan.

A xornada de hoxe, que contará coa presenza de Manuel Collado, Ángel Carracedo e Gonzalo Álvarez, leva por título Somos os nosos xenes, mentres que mañá o tema será Dos átomos ás galaxias e o mércores Mente marabillosa. Todos os encontros, con entrada de balde, celébranse a partir das 20:30 horas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino Unido, Santiago de Compostela