O ámbito cultural protagoniza a presenza galega no Zinc Shower

O encontro de Economía Creativa e Colaborativa comeza mañá en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O ámbito cultural protagoniza a presenza galega no Zinc Shower

Baixo o lema Galicia Economía Social Creativa, cinco cooperativas galega participarán a partir de mañá no Zinc Shower de Madrid. A presenza do noso país neste encontro, considerado o maior evento profesional da Economía Creativa e Colaborativa do Estado céntrase nos ámbitos da cultura, o deseño a innovación social e a formación.

ReXenerando Soc. Coop. Galega, 7H Cooperativa Cultural, Xeneme Proxectos Sociais, 10d10 [ dezdedez ] e Inprega S. Coop. Galega presentarán o seu traballo e desenvolverán acatividades como un "protestódromo", o espectáculo músico-teatral multilingüe Sira e o robot, un obradoiro sobre como activar procesos colectivos ou a iniciativa de recuperación da memoria Tíra do cable.

As firmas acuden ao evento co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia e do Consello Galego de Cooperativas a través da Rede Eusumo.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Madrid, Espectáculo, Xunta de Galicia...

Claves

Entidades
Lugares